|
Gustavo e Iago |
Eu, Gustavo, monto en bici desde os catro anos. Na
actualidade, adestro, tres ou catro días á semana , no monte e nun circuíto con saltos. O que máis me gusta é dar
saltos. Para desenvolver esta afección, necesito un bo casco, unha camiseta e
pantalóns cómodos e, o máis importante, unha bicicleta.
Esta práctica non é barata, xa
que a calidade do casco e da bicicleta é o que a encarece.
Acostumo ir adestrar, cos meus amigos, por pura diversión. A
verdade é que esta actividade ten moitos seguidores nesta vila.
Un dos referentes, para min, neste
mundo é Sam Pilgrim.
Non obstante, eu, Iago, que
tamén me gusta moito saír coa bici, considero que non é cara esta afección. A
bicicleta non ten que ser especialmente boa e o casco tampouco.
Eu acostumo ir a Torrón. Alí, primeiro, dou unhas voltas para quecer e despois fago
unha serie de exercicios e saltos.
Participei en dous campionatos, no último, este verán, quedei segundo na
clasificación. Gustaríame seguir participando noutros campeticións.
|
Jennifer e Noelia |
Nós,
Jennifer e Noelia, gozamos bailando. Gústanos esta actividade desde pequenas. No meu caso, Jennifer, vou tres días á semana (martes, xoves e sábado) ao Centro Cultural da Feira para practicar ao son
da música que interpreta a Banda de Música da Feira. Eu, Noelia, vou dous días
(xoves e domingo) ao Centro Cultural O Borralliño. Encántanos bailar,
divertímonos moito e sentímonos moi ben cando practicamos esta actividade,
ademais é moi barata. Hai moita máis xente afeccionada e isto
fai que sexa máis emocionante.
Eu
son Joel. A miña afección, desde os tres anos, é o piragüismo. Practícoa varias
veces á semana. Para a realizala necesito un chaleco, un casco, un cubre (impide a entrada de auga) para a bañeira e o básico, a piragua. É unha
actividade bastante cara xa que a calidade da piragua é fundamental e axuda a
mellorar o resultado.
|
Joel |
O
lugar do meu adestramento é no río Miño, na localidade de Paramos, no concello
de Tui.
A miña rutina é padexar no río durante horas e
ir mellorando os tempos.
No
verán participo en campionatos que se celebran por toda a xeografía española.
Acostumo quedar nos postos terceiro
e cuarto dentro dun grupo de vinte
piragüistas.
A piragüista
que máis admiro é Maialen, campioa olímpica na modalidade de eslalon.
As
miñas aspiracións son ser o mellor.
|
Souhail |
O
fútbol é o deporte que practico eu, Souhail. Todas as semanas dedícolle seis
horas a esta actividade. Comecei no 2008. Agora mesmo adestro no campo de fútbol de
Penedo Redondo. O máis importante para este deporte son unhas boas botas, ás que hai que sumarlles, unha camiseta e un pantalón curto ou non. Esta práctica véxoa
como unha maneira de facer deporte e non co obxectivo de ser unha estrela no
futuro.
|
Julián |
Yo,
Julián, vengo de Santo Domingo y allí en
el parque practicaba boxeo. Comencé en el año 2.015. El entrenamiento consistía
en moverse de manera estratégica y golpear. Es una actividad barata. Es
imprescindible un pantalón corto y vendas. Me gustaría continuar aquí e llegar
a participar en campeonatos.