
Marchamos que temos que marchar!!!
Espéranos un verán prometedor, cheo de emoción, cor e luz.Volveremos con renovada enerxía.
Ata pronto!!!
Paraugas diferentes e diversos, do mesmo xeito atoparemos escritos con padais variados.
Con antelación, nas
clases de Plástica tIvemos que facer unhas maquetas para despois representarlas
na area, a arte africana era a temática. Ese mércores chegamos á clase e antes
de nada tivemos que ir a polos bocatas
porque ás 8:30 tiñamos que marchar,
collemos todo e subimos ao autobús. O traxecto
foi moi divertido. Cando chegamos á praia, xa había grupos de escolares
construíndo as súas esculturas. Nós tivemos que camiñar ata a parcela que nos
asignou a organización. Foi pousar as mochilas
e pórnos a traballar, uns a coller conchas para decorar e otros a facer o seu
deseño. O meu grupo esculpiu un camaleón. Máis tarde viñeron os da TVG. Cando
acabamos o Camaleón puidemos gozar da auga do mar, había unhas ondas enormes.
Encantoume a praia, a experiencia de traballar en equipo nese entorno e estar
rodeada doutros grupos que realizaba, tamén, as súas obras; sen dúbida volvería.
Comín un xeado de kikat que estaba
boísimo. De volta para casa, eu quedei
durmida a consecuencia dun día tan movido.