jueves, 20 de junio de 2019

Despedida


Marchamos que temos que marchar!!!


Espéranos un verán prometedor, cheo de emoción, cor e luz.
Volveremos con renovada enerxía.
Ata pronto!!!

Saída á praia da Lanzada

O mércores, día 22 de maio, o alumnado de 3º de ESO fomos á praia da   Lanzada a  facer esculturas de area. Actividade que organizaba o departamento de EPeV e na que participaban uns 800 rapaces e rapazas de diferentes centros de ensino.
Con antelación, nas clases de Plástica tIvemos que facer unhas maquetas para despois representarlas na area, a arte africana era a temática. Ese mércores chegamos á clase e antes de nada  tivemos que ir a polos bocatas porque  ás 8:30 tiñamos que marchar, collemos todo e subimos ao autobús.  O traxecto foi moi divertido. Cando chegamos á praia, xa había grupos de escolares construíndo as súas esculturas. Nós tivemos que camiñar ata a parcela que nos asignou a organización.  Foi pousar as mochilas e pórnos a traballar, uns a coller conchas para decorar e otros a facer o seu deseño. O meu grupo esculpiu un camaleón. Máis tarde viñeron os da TVG. Cando acabamos o Camaleón puidemos gozar da auga do mar, había unhas ondas enormes. Encantoume a praia, a experiencia de traballar en equipo nese entorno e estar rodeada doutros grupos que realizaba, tamén, as súas obras; sen dúbida volvería. Comín un xeado de kikat  que estaba boísimo.  De volta para casa, eu quedei durmida a consecuencia dun día tan movido.