jueves, 15 de febrero de 2018

Saída directa ao padal

O martes 6 de febreiro, toda a clase de PMAR e dous profesores fomos visitar a carnicería Alonso que está situada na Praza de Abastos de Salceda de Caselas. O camiño desde o IES Pedras Rubias ata a praza, lugar onde está situada a carnicería, fixémolo a pé, tanto a ida como a volta. A andaina, ata o noso destino, foi a través de pequenas estradas e carreiros da parroquia de Parderrubias. Cando chegamos á carnicería fixémoslles unha serie de preguntas ao dono do negocio e ao seu fillo. As preguntas estaban relacionadas co desenvolvemento do seu traballo (a dificultade da aprendizaxe, como era antes e agora o oficio, os cortes da carne, os produtos máis vendidos), a historia da carnicería e o tempo que levaba nese lugar. Tamén nos fixo fincapé no importante que era ter coñecementos e estudar para actualizarse e avanzar nun negocio.

 Logo dirixímonos  á cafetería Aragonta. Alí puidemos degustar un saboroso almorzo no que non faltaba un rico zume de laranxa, descafeinado ou cacao e tostadas ou croissants.

Foi un día moi movido, divertido, saboroso e para lembrar.

miércoles, 7 de febrero de 2018

Recreos divertidos e movidos


No IES Pedras Rubias, durante os recreos,  celébranse campionatos de diferentes deportes. Na primeira avaliación  foron  de fútbol e agora, na 2ª, estase xogando a balonmán. Nestas competicións participa alumnado de todos os cursos.
O departamento que se encarga de levar a cabo esta actividade é o de Educación Física, formado por dúas profesoras. Begoña Pérez é a profesora que leva máis anos implicada na súa organización e ela vainos ofrecer máis información a través desta entrevista que fixo o alumnado de 2ºD.
-          Cando comezaron estes campionatos?
Recordo que antes de existir este IES, xa comezaran na escola de Salceda de Caselas, en primaria. A min déronme a praza difinitiva alí e, se non recordo mal,  no curso 97-98 comecei. Xa hai moitos anos.
-          Cales son os deportes que se ofrecen?
Se pasades polo pavillón, saberedes que se ofertan unha gran variedade de deportes. Este ano  comezamos xogando a brilé e fútbol.  Agora estamos con balonmán. Ofreceremos bádminton, fútbol  sete, voleibol, tenis de mesa, xadrez. Así que podedes escoller entre unha gran variedade e elixir cal vos gusta e participar nalgún.
-          Cal ten máis seguidores?
-   O fútbol, sen dúbida. Tristemente, pero é así. Organízase máis fácil. Todos e todas vedes os calendarios, todos tedes moitas ganas de participar. Os outros necesitan estar máis detrás do alumnado. Aínda así estou contenta coa participación. No caso de 2º D, digamos que deberiades participar máis.
-          Cal pode ser a causa?
-    O fútbol ten moito tirón, tanto na televisión como en número de xogadores. Se ides un día de adestramento ao Penedo Redondo podedes ver que hai moitísimos nenos xogando ao fútbol. Os outros deportes son minoritarios.  Xogar  na liga de recreo ao fútbol é moito máis doado, case todo o mundo sabe xogar .  Pero xogar ao baloncesto ou ao balonmán é necesario  coñecer as normas. Hai que saber cantos xogan, se hai pasos, dobres…, isto complica.
-          O número de participantes mantense igual cada curso ou hai grandes diferenzas?
-      Nas follas de inscrición xa aparecen o número de participantes. Ao haber un tope, pois o número é sempre igual.
-          Cando un alumno pode ser expulsado destes campionatos?
-     De momento non foi ninguén expulsado. Temos que saber comportarnos cada vez que entramos no pavillón.  O que si hai é sancións temporais. Se por algunha causa  se está sancionado por outro motivo e se considera que o mellor é que no recreo estea castigado, pois non participa.
-          Como se organizan?
-     Levamos xa uns anos en que o alumnado de cuarto se encarga da organización. Pido voluntarios para cada deporte. No momento que toca desenvolver algún deles, convoco o alumnado encargado de cada un deles e ese alumnado é o que pasa polas aulas para informar e colocar as follas de inscrición.  Logo recóllenas e fago o calendario. Cando se inician as ligas, eses mesmos rapaces e rapazas encárganse de estar no pavillón e cubrir as actas
-          Que é o máis difícil de pór en funcionamento desta actividade?
-      O máis difícil é que leades a información sobre estas competicións, é dicir, as follas de inscricións e os calendarios dos campionatos.
-          Por que non se compite entre distintos niveis, é dicir, 1º contra 2º ou 2º contra 3º?
-      Faise. Hai unha primeira fase entre os mesmos niveis. Cando remata. Iníciase a semifinal e cruzánse. Primeiro contra segundo e terceiro contra cuarto. O que non hai é enfrontamentos entre 1º e 4º, neste caso a diferencia física é importante.
-          Participan máis rapaces ou rapazas?
-      Máis rapaces, especialmente, en fútbol. As rapazas participan, pero se coñecen o deporte. Eu estou moi contenta coa participación feminina que hai na liga de recreos. E algo que fago sempre nas miñas clase é  animar a que se inscriban rapaces e rapazas.
-          Desde cando hai equipos mixtos?
-       Desde sempre. Hai deportes que é máis difícil facelos mixtos.  Este curso os únicos deportes nos que hai liga masculina e feminina é no fútbol, nos demais son todos mixtos.
-          Por que non participan profesores?
-    É moi complicado. Nos recreos teñen gardas.  En voleibol, si hai  un equipo de profesorado que compite contra 3º e 4º, pero isto será na 3ª avaliación.
-          É importante participar nestas actividades? Por que?
-      É moi importante. Primeiro pola actividade física. Vivimos nun momento no que a tecnoloxía fai que pasedes moitas horas sentados e esta é unha maneira de contribuír á realización de exercicio. En segundo lugar, é importante   polos valores que se transmiten: compañerismo, cooperación, reponsabilidade, solidariedade…
-          Sería posible practicar deportes artísticos? Poñamos por caso patinaxe.
-       No pavillon que temos, polo chan que ten, non é posible. Na terceira avaliación, si fago patinaxe  fóra, pero non é moi seguro.
Xa o eido profesional
-          Cal é o deporte que máis che gusta?
-     Eu xoguei toda a vida a balonmán, ademais estou supercontenta pola vitoria da Selección Española. Incluso adestro a nenos; pero agora gústame e practico pádel.
-          É a persoa, do mundo  do deporte, que máis admires?
-     Gústanme moito moitos e moitas, pero quizais polo seu nivel de sacrificio, esforzo… para min é  Rafael Nadal.
-          Xa querías ser profesora de Educación Física desde rapaza?
-      Pois non. Foi en COU, con 17 anos.Tiña unha amiga que me animou eela foi a que me condicionou a seguir por esa vía.
-          Se non foses profesora desta materia de que serías?
-    

Eu ía facer Matemáticas. Agora non cambiaría. Estou moi contenta, gústame o que fago e de ser profesora desta materia.