O martes 6 de febreiro, toda a
clase de PMAR e dous profesores fomos visitar a carnicería Alonso que está
situada na Praza de Abastos de Salceda de Caselas. O camiño desde
o IES Pedras Rubias ata a praza, lugar onde está situada a carnicería, fixémolo
a pé, tanto a ida como a volta. A andaina, ata o noso destino, foi a través de
pequenas estradas e carreiros da parroquia de Parderrubias. Cando chegamos á
carnicería fixémoslles unha serie de preguntas ao dono do negocio e ao seu fillo.
As preguntas estaban relacionadas co desenvolvemento do seu traballo (a dificultade
da aprendizaxe, como era antes e agora o oficio, os cortes da carne, os produtos máis
vendidos), a historia da carnicería e o tempo que levaba nese lugar. Tamén nos
fixo fincapé no importante que era ter coñecementos e estudar para actualizarse
e avanzar nun negocio.
Logo dirixímonos á cafetería Aragonta. Alí puidemos
degustar un saboroso almorzo no que non faltaba un rico zume de laranxa,
descafeinado ou cacao e tostadas ou croissants.
Foi un día moi movido, divertido,
saboroso e para lembrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario